Novo Xornalismo

Tuesday, November 14, 2006

2. Do emisor con nome e apelido ao anónimo institucionalizado

Ata o de agora, por moi boa ou moi mala que fora unha información dun medio convencional, detrás dela había unha cabeza visible. Moitas veces, un redator que firmaba a noticia; no peor dos casos, un cabeceiro e unha empresa que se facía responsable do emitido, para ben e para mal. Iso xa non é así. Vamos ver, só con dous exemplos, como cambia o conto segundo quen publique que e onde. Rescatamos unha reportaxe do diario ABC do que seguramente escoitariades falar. Baixo o título "El pesebre de Nunca Máis", o compañeiro xornalista Alfredo Jiménez firmaba unha información coa que se pode estar dacordo ou non, pero en calquera caso, se responsabilizaba das súas afirmacións ao facer unha longa lista na que viña a contar cómo "evolucionaron" -para ben, segundo el- moitas persoas vencelladas á plataforma Nunca Máis despois de que o Goberno de Galicia cambiara de cor. Insisto, como todo traballo xornalístico, é contestable de pés a cabeza. Haberá quen diga que todo é mentira, quen acuse a Alfredo de relatar unha especie de lista negra... o que se queira. Pero o redactor e a súa publicación, ninguén máis, son os responsables desa información, para ben e para mal. Agora mudamos de medio e tecleamos: http://www.quin2006.com, un dos blogs críticos que naceron parellos ao cambio de cor da Xunta. Premendo [neste enlace], chegamos a un post cun contido semellante ao que publica Alfredo en ABC o 24 de setembro, aínda que colgado na rede tres días despois. Baixo o título "Como unta a Xunta a Trinca Maís", de novo se facía una lista de personaxes supostamente beneficiados polo bipartito galego. Sexan certas ou non o sexan as informacións verquidas, tanto por ABC como por Quin2006.com, a diferencia principal entre as dúas novas é evidente: detrás dunha, Alfredo Jiménez e ABC. Detrás da outra.... ¡¡¡Vaya usted a saber!! Aínda que existen maneiras de sabelo, o lector non saben quen fai o blog crítico e, moito menos, quen redacta os seus contidos. Iso sí, hai uns días, o blog demarras tiña rexistradas máis de 40.000 visitas, co que queda claro que a información chegou ao receptor, da igual se estaba firmada ou non, se era certa ou era unha patraña. Con este exemplo só quería reflexionar en voz alta sobre esa novidade que eu chamo o anonimato institucionalizado, para algúns incluso o libelo impune. Sexa malo ou bo, o certo é que está aí, que se incrementa cada día e que, nos guste máis ou menos, teremos que aprender a convivir con el, tanto os emisores da información como os que simplemente recibimos ou recepcionamos noticias. Convídovos a facer comentarios sobre este fenómento tamén novo do anonimato institucionalizado aplicado á inforamción, sempre poñendo por diante que un servidor, libremente, elixiu facer un blog suscribindo os seus contidos con nome e apelido. Respecto, aínda que non comparto, a quen dedice agocharse baixo un cabeceiro máis ou menos orixinal, pero ben agochado, a fin de contas.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home