Novo Xornalismo

Tuesday, November 14, 2006

5. Outras ideas

Vía Psicobyte: "Un bloguero no es un tipo que generosamente te permite compartir su sabiduría. Un bloguero es alguien que necesita que le leas.". Podemos reflexionar sobre esa frase, se queredes, que igual algo hai. E pasamos a continuación a ver como está a afectar este "novo xornalismo do que estamos falando" á prensa tradicional. Rescato unha nova recente que pode dar unha idea de por onde van os tiros. A introdución podería ser a seguinte: A prensa perde lectores nos Estados Unidos. E como se os americanos se acatarran, todos estornudamos, apliquémonos o conto. E podemos ver algúns exemplos de reaccións das empresas: Vía Arsenio Escolar: "La refundación de 20 minutos". ¿Un apocalíptico o Escolar? Persoalmente, non o creo. Fronte a isto, temos outros casos na prensa galega, como a especialización en contidos de La Voz de Galicia -que cada vez lle dá máis presenza aos lectores, tamén na súa ediciónde papel- ou a xeralización, no caso de El Correo Gallego, da inserción de comentarios que se nos presentan como interactividade pura e dura. ¿Van na dirección axeitada uns e outros? Ninguén o sabe, nin tan siquera eles. E vós ¿que pensades?

0 Comments:

Post a Comment

<< Home